O grupo de teatro “Lúa Chea” de Poio representa “Historias dunha praza” na Cultural de Mourente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPoio
A-
A+

O grupo de teatro do concello de Poio “Lúa Chea” actua este  SÁBADO  (15 de febreiro) na Cultural de Mourente. O grupo vai de estrea xa que é a primeira vez que representan a obra “Historias dunha praza”. A temática é cómica de enredo  , sacándolle moita punta a situacións cotiás pero con moitas dosis de humor.

Este grupo de teatro (15 integrante) xa ten unha traxectoria de 12 anos e dende os seus comenzos está dirixido por Manuel Solla e apoiado pola concellaría de benestar social. Moitos participantes forman parte do mesmo dende os  seus comenzos  e a día de hoxe  apostan por seguir traballando por esta afección que lles aporta tanta enerxia. A cita é ás  9 da noite.

Tamén  respondendo á invitación da Asociación Cultural ” O Castro” de Baión estarán  o venres 21 na casa de cultura. Na primaveira  a veciñanza de Poio terá oportunidade de amosar  o seu apoio a este grupo coa representación que relicen na súa propia casa, o centro social

12 de febreiro de 2014 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.