O grupo de goberno emite un comunicado en relación ás manifestacións da xunta de persoal do concello de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Comunicado do grupo de goberno do Concello de Santiago de Compostela:

En relación co correo enviado pola Xunta de Persoal do Concello, con data de 5 de febreiro, parece oportuno manifestar o seguinte:

1º.- Que está noticia está baseada exclusivamente en información periodística elaborada a partir de sumario de investigación non concluído e sen que a ata data se coñeza a realidade e resultado final do mesmo, sendo pública e notoria nos presentes días a comprensible alarma social xerada ante o volumen de noticias que están a aparecer nos medios de comunicación, de ahí a plena necesidade do presente comunicado aclaratorio.

2º.- Manifestar o noso respecto, apoio e absoluta confianza na ética e na profesionalidade de todos os empregados públicos deste Concello; tanto por todos os que foron cesados nos seus postos de traballo, coma polos nomeados para desempeñar diversos postos de traballo provistos por libre designación; e tanto fosen cesados ou nomeados por este ou por anteriores equipos de Goberno.

3º.- En concreto, é preciso recordar que aos postos de libre nomeamento non se accede mediante concurso de méritos entre outros funcionarios senón, con carácter xeral, mediante libre nomeamento do goberno e na súa consecuencia o cese se produce baseado na competencia para adoptalo, dentro do procedemento establecido.

4º.- Os empregados públicos cesados en postos de secretaría e intervención por este equipo de Goberno, o foron en aplicación da normativa legal, en concreto o artigo 38 do Decreto núm. 49/2009, do 26 de febrero, que di:

Artigo 38º.-Cesamento en postos de libre designación: O/a funcionario/a nomeado/a para un posto de libre designación poderá ser destituído, con carácter discrecional, polo mesmo órgano que o nomeou, sempre que se lle garanta un posto de traballo da súa subescala e categoría na corporación, que deberá figurar na relación de postos de traballo de esta e cuxa remuneración non será inferior en máis de dous niveis á do posto para o cal foi designado (…) A motivación da resolución de cesamento referirase á competencia para adoptala.

Neste senso é preciso remarcar que polo tanto e na súa consecuencia nada mais lonxe da realidade que intentar buscar unha tan especial necesidade de motivación para levar a cabo o cesamento, xa que logo, tal como reflexa a norma a motivación obedece a competencia para adoptar o cese.

Esta conformidade a Dereito do ceses realizados por este Equipo de Goberno xa foi declarada xudiciamente por dous sentenzas:

1º.- SENTENZA de data 18 de xuño de 2013, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Santiago de Compostela favorable ao Concello contra o recurso interposto

2º.- SENTENZA de data 30 de decembro de 2013 do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Santiago de Compostela, favorable ao Concello de Santiago de Compostela e a Consellería de Presidencia Adminsitracións Públicas e Xustiza.

Na súa consecuencia a realidadde é a plena correspondencia coa legalidad do actuado, e moi lonxe de calquera interpretación circunstancial, accidental o casuística.

5º.- O Equipo de Goberno quere recordar que ata a data non sempre foi así con respecto aos habilitados nacionais, xa que logo o cesamento levado a cabo polo anterior Goberno Bipartito da interventora xeral foi declarado ilegal por sentencia do 15 de marzo de 2010 do Xulgado contencioso – administrativo nº 1 de Santiago de Compostela.

6º.- Sendo plenamente conscientes de que a última palabra sempre corresponde a administración de xustiza na interpretación das normas e que polo tanto, a pesares do máximo empeño no estricto cumprimento da lei, sempre calquera resolución administrativa ou xudicial pode ser revocada por outro tribunal superior, o Grupo de Goberno, non pode consentir que os empregados públicos do Concello poidan ter neste momento una visión distorsionada da realidade xudicial.

Reiteramos, polo tanto, o noso respecto e confianza na profesionalidade, na entrega e no cumprimento dos deberes e principios éticos e de conduta, de todos os empregados públicos deste Concello, ao servizo dos cidadáns de Santiago de Compostela.

7 de febreiro de 2014 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.