O Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra presenta unha nova edición do Receitario Gacstroderías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuLocal PortadaMarínPoioPontevedraSanxenxo
A-
A+

O Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra-GAC6 acaba de editar a cuarta edición do seu receitario Gacstroderías. Nesta ocasión as receitas están protagonizadas polas especies de peixes e mariscos máis representativas que se comercializan na lonxa de Campelo (Poio), como son os moluscos bivalvos. Ademais, recolle preparacións doutros produtos estrela do ámbito territorial do GAC6.

O receitario contén receitas de 14 restaurantes dos concellos de Poio, Bueu, Marín e Sanxenxo, ámbito territorial do Grupo de Acción Costeira.

As receitas foron proporcionadas por catorce restauradores dos catro concellos do GAC Ría de Pontevera asociados ao club de produto “turismo Mariñeiro“ Mar Galaica. Os restaurantes participantes do concello de Poio son Casa Ces, O Bocoi, O Eirado das Margaridas, A Taberna de Alvariñas, O Peirao, Tito Mexillón e o Peirao de Rial. De Marín, O Submarino e a Taberna de Agudelo, mentres que de Bueu participan Casa Quintela e O Chouzo. De Sanxenxo, A Taberna do Varadoiro, o Berberecho e o Restaurante Carmen.

O receitario tamén recolle información sobre o consumo e preparación dos produtos do mar, características das especies, meses de consumo, consellos básicos para a cocción dos mariscos e un directorio de puntos de venda ao público de peixes e mariscos.

A presentación do receitario terá lugar o luns 17 de febreiro, ás 10:30 horas no Casal de Ferreirós (Av. Andurique, 43, Poio), con entrada libre. Entregarase un exemplar da publicación ás persoas asistentes.

12 de febreiro de 2014 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.