O Grupo de Acción Costeira Costa da Morte achega ao sector do mar as tarefas de comercialización directa
A iniciativa loestamospescando.com, desenvolvida polo Grupo de Acción Costeira Costa da Morte, continúa o seu labor de achegar ao sector do mar as tarefas de comercialización directa e de redución de intermediarios.
O Grupo de Acción Costeira Costa da Morte asistirá os días 24, 25 e 26 de febreiro ao FORUM GASTRONÓMICO DE CORUÑA 2014. O Fórum é un congreso con feira, no que teñen lugar numerosas actividades: sesións de cociña en directo, talleres con degustación para un público reducido, catas guiadas, charlas e debates, concursos e premios, presentacións de produtos dos expositores, talleres gastronómicos para nenos.
O Grupo de Acción Costeira Costa da Morte estará presente no Fórum co proxecto loestamospescando.com. para establecer contacto directo con potenciais clientes.
En anteriores edicións do Fórum Gastronómico, en Santiago de Compostela e Xirona, o público mostrouse moi interesado nos produtos e na posibilidade de recibir o pedido na súa casa directamente desde a lonxa.
O proxecto Do Mar á Terra, proxecto promovido polo Concello de Vimianzo e financiado polo GAC3 tamén estará na feira cunha caseta e realizará un showcooking no Ateneo o Domingo 23 ás 11:00horas.











