O goberno municipal traballa nun proxecto de ampliación do Cemiterio Municipal de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos aprobou as bases para a concesión de nichos no Cemiterio Municipal de Torroso. Son un total de 39 bocas ás que poderán optar os veciños e veciñas de Mos, que terán un prazo para presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello de 30 días hábiles a contar dende a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP).

O prezo mínimo por nicho será de 850 euros máis IVE e a concesión máxima para cada un ascenderá a 50 anos.

Cemiterio Municipal de Mos

Por outra banda, segundo informaron esta mañá a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro da parroquia de Mos, Camilo Augusto, estase a estudiar a posibilidade da ampliación de nichos no Cemiterio Municipal de Mos de cara a sacar novas bocas a concurso. Para elo, dende a administración local redactarase un proxecto de ampliación de dito cemiterio no que se integrarían novas bocas de nichos xunto as construccións xa preexistentes. Na redacción de dito proxecto contemplaranse as diferentes ubicacións posibles de novas bocas para atopar finalmente a integración arquitectónica, estructural e funcional máis óptima respecto dos nichos actuais xa construídos.

Ademais, próximamente abrirase un prazo de preinscrición para os interesados en optar a un nicho no Cemiterio Municipal de Mos, de xeito que dende o Concello se poida facer unha estimación da demanda existente e da necesidade real de bocas a construir no cemiterio da parroquia de Mos.

26 de febreiro de 2014 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.