O goberno municipal de Cambados liquida as contas do orzamento 2013 con superávit
O alcalde, Luis Aragunde, expresou en nome do goberno municipal a súa satisfacción por ter pechado a liquidación de contas do orzamento 2013 con superávit, algo que “vén sucedendo nos últimos exercicios e que resulta moi difícil, sobre todo nos tempos de crise que atravesamos”. O informe de Intervención tamén consigna que se mantén a estabilidade orzamentaria e que o remanente de tesourería é positivo.
O rexedor cambadés considera que estes datos contables favorables, débense ó “rigor e a responsabilidade” cos que se están levando as contas municipais, pois o goberno local “continua na mesma liña de non gastar máis do que se ingresa”. O Concello axústase á realidade orzamentaria e sen deixar de lado o desenvolvemento e a prosperidade de Cambados.
No municipio continúanse realizando rehabilitacións de rúas, como sucedeu en boa parte do barrio de Fefiñáns e de San Tomé. O Concello vén levando a cabo promocións turísticas a nivel nacional e internacional, ademais de manter o potencial da Festa do Albariño que, para o goberno local, “non é un gasto senón un investimento fundamental para o sector do viño e para Cambados”.
A boa política económica non é incompatible cos investimentos importantes, como os realizados no Saco de Fefiñáns: saneamento, 1,2 millóns de euros, a punto de adxudicarse; e as comportas, máis de 500.000 euros, que xa se están instalando. Tamén cómpre consignar o Centro de Día, cun investimento arredor dos 700.000 euros, que, como anunciou a conselleira de Traballo, vaise contratar axiña.
Orde do Día
No punto 2º vaise declarar, se procede, a dispoñibilidade de créditos correspondentes ó 50 por cento da paga extraordinaria do periodo 1 de xuño a 14 de xullo de 2012.
3º.- Aprobación, se procede, do expediente de suplemento de crédito 1/2014.
4º.- Aprobación, se procede, do expediente de crédito extraordinario 1/2014-
5º.- Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2014.
6º.- Dar conta da resolución da Alcaldía aprobatoria da liquidación correspondente ó orzamento de 2013 e inform de Intervención sobre estabilidade orzamentaria.
7º.- Dar conta dos informes de Intervención e Tesourería relativos ó cumprimento no disposto na Lei 15/2012, pola que se establecen medidas contra a morosidade nas operacións comerciais 4/2013.
8º.- Aprobación inicial, se procede, da ordenanza municipal do Servizo de Axuda no Fogar do Concello.
9º.- Moción do BNG contra a suba nas tribuacións das persoas autónomas e pequenas empresas.
10º.- Moción do BNG e apoio a frota de cerco e artes menores.
11º.- Moción do PsdeG-PSOE en relación co anteproxecto de Lei Orgánica polo que se pretende revisar a lexislación vixente en materia de saúde sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo.
12º.- Moción do PP en relación coa reforma da Lei do Aborto.
13º.- Dar conta das resolucións ditadas pola Alcaldía.
14º.- Contestación a preguntas formuladas.
15º.- Rogos e preguntas.











