O goberno de Tomiño realiza obras de mantemento en centros educativos do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

O goberno local de Tomiño continúa a realizar obras de mantemento e reparación en diferentes centros educativos da localidade, atendendo así ás principais necesidades de profesores e alumnos e resto da comunidade educativa.

Tralas reformas executadas durante o receso escolar de verán, o Concello proseguiu con diversas obras de mantemento. Concretamente, no CEP Pedro Caselles Beltrán, de Tomiño, fixéronse labores de carpintería consistentes na construcción de novos bancos de madeira para os vestiarios. Tamén arranxáronse as portas, pintouse a pista do ximnasio, limpáronse canalons e podáronse as árbores do xardín, que levaban moitos anos sen recortar e producían moita humidade.

En el CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián, colocouse un piso laminado na biblioteca e pintouse o recinto; colocouse un panel na porta de entrada do centro; arranxouse o tellado e a fachada das escolas vellas; pintáronse as portas da casa dos mestres, e fíxose un peche  de madeira na horta do colexio.

Nas escolas unitarias, procedeuse ao pintado das instalacións, acondicionamento do chan con material antideslizante, e proximamente arranxarase o tellado na aula de Barro, que sofre problemas de humidade, e colocarase tarima flotante no ximnasio.
En Barrantes, procederase nestes días á limpeza de todos os canalons de desagüe, e repararanse os portales e  vallas do recinto escolar.

Estas obras veñen a sumarse ás xa executadas durante o verán, coma a pintura completa das instalacións do Pedro Caselles Beltrán e CEIP de Goián; pintura e instalación eléctrica da aula do CRA de Taborda; arranxo de tellado, pintura e chan do patio cuberto da aula do CRA de Figueiró, e arranxo da pista deportiva do CEIP de Barrantes, entre outras.

Segundo explicou a concelleira de Educación, Olga Orduña, as obras lévanse  a cabo con cargo a unha partida orzamentaria de 80.000 euros, que o goberno local dispuxo para este ano, tendo en conta que “cada vez son máis as necesidades dos centros, que deben cubrirse desde o Concello; o goberno local segue a apostar firmemente pola educación pública dos nenos e nenas de Tomiño”, salientou a concelleira.

Nesta liña de colaboración, enmárcase a creación do Consello Escolar Municipal, que ten coma propósito principal “axilizar e incrementar a colaboración entre os colexios, as Anpas e o Concello”.

10 de febreiro de 2014 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.