O goberno de Porto do Son inicia as tarefas de reparación e limpeza das pistas municipais
Comezan esta semana as obras no Concello de Porto do Son para acometer obras de reparación e limpeza de varias pistas municipais.
O Concello de Porto do Son con data 9 de decembro recibiu a resolución dunha subvención concedida a través do Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014, financiados con fondos FEADER.
O importe subvencionable ascende a 39.341,58 € sendo o importe total da obra que se vai executar de 47.603,31€.
Esta subvención estáse a destinar a tres pistas en concreto.
Unha delas situada en Corzo, Caamaño. Neste caso trátase de canalizar a auga da pista e botarlle un novo pavimento de formigón.
As outras dúas serán feitas en triple riego. Unha delas está situada en Sendia, trátase da única pista de acceso as vivendas e agora mesmo encóntrase sen pavimentación de ningún tipo.
E a última, trátase dunha pista en Ieste, Nebra, esta é unha pista realizada xa en triple riego pero que se encontra moi deteriorada.
É dicir, o que se pretendeu con esta subvención foi destinar o arranxo de pistas a aquelas que se encontraban en peor estado. Pero é importante destacar, que o a Concellería de Obras ten moitas outras valoradas que están pendentes de executar, e que seguramente sobrepasen os 200.000€ neste ano 2014.
Así mesmo xa se comezou a realizar limpeza de cunetas ao longo do termo municipal para evitar que as pistas se degraden máis debido a cantidade de precipitacións que nos están a acompañar este inverno.











