publicidade hoxe

O goberno de Ponteareas felicita ao Club de Natación polos éxitos no campionato galego infantil-junior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareas
A-
A+

A Xunta de de GobernoLocal celebrada este luns día 17 de febreiro, acordou felicitar ao Club Natación Ponteareas polos éxitos obtidos no Campionato Galego Infantil e Junior de Inverno que se celebrou esta pasada fin de semana en Ourense.

A proposta foi a iniciativa do concelleiro de deportes, Alberto Novoa, co motivo da abraiante participación dos nadadores do C.N. Ponteareas ao conseguir 16 medallas (5 ouros, 3 pratas e 8 bronces), 4 marcas mínimas clasificatorias para os campionatos de España e ducias de mellores marcas persoais e de club batidas.

A felicitación estendese os directivos e técnicos, sen os cales estes marabillosos resultados non serían posibles. Eles poñen todo o seu empeño en sacar adiante este club e os resultados están acompañando, non so neste, senón en moitos outros campionatos e trofeos de grande importancia nos que participan.

17 de febreiro de 2014 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.