O goberno compostelán mostra a súa postura ante a ocupación da Sala Yago
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, lamenta a ocupación, de novo, dun espazo privado no Casco Histórico, pero lembra que neste momento non ten uso cultural a pesar dos numerosos intentos por conseguir recuperar ese espazo que foron infructuosos. Por este motivo se chegou a un acordo de cesión con Novagaliciabanco do edificio do Preguntoiro.
Informa que dende o inicio da ocupación, que se producíu a media mañá de hoxe mércores, día 12 de febreiro, se lle comunicou ao propietario o incidente para que adoptara as medidas oportunas ao respecto, segundo indica o protocolo de actuación nestes casos.
O goberno subliña que é un tema que se circunscribe ao ámbito privado, e confía na súa pronta resolución.
Asemade, fai unha chamada ao civismo sobre todo tratándose dun espazo do Casco Histórico dunha cidade patrimonio da Humanidade.











