O GAC Ría de Pontevedra presenta no FORUM Gastronómico da Coruña a plataforma www.pescadoartesanal.com

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+

O Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra desprazouse ao Forum Gastronómico da Coruña para presentar ao sector da hostalería e distribución alimentaria alí presente, de primeira man, a nova ferramenta de comercialización de pescado das lonxas da Ría de Pontevedra www.pescadoartesanal.com.

O Forum ten servido para realizar contactos con distribuidores interesados en poder acceder á ferramenta e participar nas poxas das Lonxas e tamén para dar a coñecer a ferramenta aos medios de comunicación especializados alí presentes. O Grupo espera realizar no Forum estes contactos e maduralos conforme se vai consolidando o emprego da ferramenta polas lonxas da Ría. Ata o de agora, a Lonxa de Bueu é a primeira en cargar na plataforma os datos das capturas conforme se achegan a porto que xa poden seren vistas polos cidadáns a través da parte pública da plataforma e lles pode servir de orientación para a compra de peixe fresco. En breve comezará a carga de datos pola Confraría de Portonovo e de Campelo nos días de poxa de moluscos.

Asamblea do Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra

O vindeiro xovese 27 ás oito da tarde celebrarase a Asamblea Xeral Ordinaria do Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra na que se avaliará a marcha do programa e se invitará a todos os asociados a participar no proceso de avaliación que o grupo está iniciando para valorar o impacto do programa e a posibilidade de acudir a unha nova convocatoria de fondos do Fondo Europeo Marítimo e da pesca para o período 2014 – 2020. Tamén se abordarán outros asuntos das asambleas ordinarias coma altas e baixas de socios, aprobación de contas e orzamento do ano.

Aberta a derradeira convocatoria de proxectos ata o 31 de marzo

Na Asamblea someterase a aprobación a revisión dos cadros financeiros do Plan Estratéxico Zonal así como cambios no mesmo, nas medidas e tipoloxía de proxectos e nos criterios de valoración para esta nova convocatoria.

25 de febreiro de 2014 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.