O Fórum da Coruña acolle a representación de ‘Víctor e o Monstro Frankenstein’
A Concellaría de Cultura informa de que o auditorio do Fórum Metropolitano acollerá o vindeiro sábado, 8 de febreiro, a representación da obra teatral Víctor e o Monstro Frankenstein, a partir das 19.00 horas.
Esta nova visión da historia de Frankenstein, adaptada por Josep R. Cerdá, parte de Berta, que espera a chegada de María para celebrar a súa primeira festa pixama. Pretende emular a noite de pantasmas na que Mary Shelley imaxinou a historia do monstro máis famoso de todos os tempos.
Víctor e o Monstro Frankenstein diríxese a todo tipo de público a partir dos
9 anos. O prezo das entradas é de 6 euros (abono 3 familiar, 15 euros) e pódense adquirir polas canles habituais:
– Despacho de billetes da praza de Ourense: até o vindeiro venres, de 09.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas.
– Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: o día da función desde unha hora antes (só as que queden dispoñibles).
– Televenta: 902 504 500 – www.servinova.com.
A maiores, mañá, xoves 6 de febreiro, e o venres, 7 de febreiro, ofreceranse dúas funcións cada día (ás 10.00 e as 12.00 horas) para escolares que se inscribiron a través dos seus centros educativos. O aforamento para estas catro funciones xa está completo.











