publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Fondo de Compensación Ambiental destina 13.000 euros á mellora da eficiencia enerxética en Cerdido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCerdidoLocal Portada
A-
A+
Reunión da alcaldesa de Cerdido e a delegada territorial da Xunta na Coruña

Reunión da alcaldesa de Cerdido e a delegada territorial da Xunta na Coruña

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou hoxe o concello de Cerdido onde, xunto coa alcaldesa, Ana Rodríguez, deu conta dos traballos realizados na casa consistorial para a mellora da eficiencia enerxética. A actuación levouse a cabo a través do Fondo de Compensación Ambiental, que permite aos concellos beneficiarse do canon eólico e que, neste caso, supuxo unha achega de 13.038 euros.

Con estes fondos, o concello executou diversas actuacións encamiñadas a mellorar o funcionamento enerxético nas súas dependencias municipais, co obxectivo de conseguir un maior aproveitamento, rebaixar a contaminación e reducir a factura eléctrica. O importe da subvención acada o 70% do orzamento total do proxecto.

Cerdido beneficiouse desta axuda grazas á proposta presentada para optar ás axudas do Fondo de Compensación Ambiental a través da liña competitiva, que na provincia da Coruña subvencionou en 2013 ata 15 proxectos, cun importe total de 461.566 euros.

As axudas concedidas polo Goberno autonómico están destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial. Segundo subliñou a delegada territorial, o fondo reflicte un triplo compromiso da Xunta de Galicia, pois, explicou, “resulta unha clara mostra da implicación do Goberno galego cos concellos e co medio ambiente, pero tamén da aposta polo reequilibrio territorial”. “A distribución do canon eólico, en definitiva, beneficia sobre todo a municipios pequenos e do interior e suponlles, ano tras ano, unha importante fonte de ingresos nestes momentos de dificultades económicas”, apuntou.

19 de febreiro de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.