O festival “Taíña”, de Goián, chega á súa undécima edición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

Coma preludio do Entroido Goianés, chega a undécima edición do Festival Taíña, que terá lugar o sábado 1 de marzo na praza da igrexa de Goián. As actuacións comezarán con gran puntualidade, ao dez e media da noite. Haberá carpa e a entrada será gratuíta.

Este ano os grupos convidados son: “A Troba – Kung-Fu” (rumbia); “Trapos Sucios”(rock); “d-Rumba2” (rumba enerxética), e “The Skarnivals” (ska, punk e folk).

O primeiro chega desde Cataluña co fin de animar a festa a ritmo de “rumbia” (rumba máis cumbia). Tamén catalán, de Barcelona concretamente, é “d-Rumba2”, que visita Galicia por terceira vez co seu particular rumba enerxética.

“Trapos Sucios” chega a Goián desde Muros (A Coruña) e “The Skarnivals”, banda galega nada en 2009 baixo o nome de Skakeo, traerá o seu potente e eléctrico directo xunto cun estilo persoal.

A Asociacion Xuvenil Taiña leva once anos xa organizando este singular festival, que abre o entroido da parroquia goianesa. Tania Domínguez, presidenta do colectivo, explica que cada vez é máis difícil conseguir o apoio económico necesario para poder traer os grupos de música, os cales cambian en cada edición, respondendo o propósito de diversidade e variedade que se fixan os organizadores, de modo que non só os máis novos poidan sentirse a gusto e gozar da festa.

No entanto, desde Taíña, agradecen o apoio do Concello, Comisión do Entroido de Goián, Albergue Peregrinos de Figueiró e de todos os colaboradores e voluntarios.

25 de febreiro de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.