O festival-concurso de disfraces de Entroido de Lousame terá lugar o 1 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Concello de Lousame celebrará este sábado 1 de marzo o seu gran Festival de Entroido, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas no pavillón municipal “Pilar Barreiro Senra” (A Silva). Un festival que incluirá o tradicional concurso de disfraces, dividido en catro categorías (de 1 a 5 anos, de 6 a 10, de 11 a 13 e de 14 a 17 anos), no que haberá premios para os dez primeiros clasificados de cada categoría.

Durante as tres horas que durará o Festival de Entroido, o Concello de Lousame ten programado un amplo programa de actividades que inclúe degustación gratuíta de filloas e de orellas, máquina de palomitas e unha sesión disco-baile para os máis pequenos. Así mesmo, o programa inclúe tamén a participación de Peppa Pig, de Mickey Mouse e de zancudos, así como obradoiros de elaboración de caretas e de maquillaxe.

Os nenos e nenas que desexen participar no concurso de disfraces deberán anotarse previamente na Oficina Municipal de Información Xuvenil ou na Casa da Cultura. Tamén poden anotarse ou recibir máis información nos teléfonos 981 82 547 80 e 981 84 20 36.

Andaina

Previamente ao Festival de Entroido, o Concello de Lousame e a asociación Vintedouspés organizan a andaina de Entroido “Hansel e Gretel”. Os participantes nesta andaina sairán ás 15:30 horas do pavillón municipal “Pilar Barreiro Senra”, a onde retornarán pasadas unhas 2 horas e 15 minutos. Este tempo empregarano en cubrir os 4 quilómetros da andaina, xa que está especialmente adaptada para os máis pequenos.

Esta andaina de Entroido deixa aberta a posibilidade de que os pequenos se incorporen disfrazados, sempre que vaian acompañados dun adulto. Máis información e inscricións na Casa da Cultura ( 981 82 57 80) ou en Vintedouspés (637 954 090 ou no email: vintedouspes@gmail.com).

24 de febreiro de 2014 | 14:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.