O espectáculo ‘Yin’ chega a Casa da Cultura de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVerín
A-
A+

Na xornada do venres 07 de febreiro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Verín terá lugar a representación do espectáculo ‘Yin’, organizado por Nekane Fernández e compañía, e coa colaboración do Concello de Verín.

‘Dramático: Yin’ é un espectáculo de cantos e contos que falan sobre a aceptación do feminino, esa parte tenra e sabia que todas e todos levamos dentro. Contos que transmiten que a liña que separa o masculino do feminino se dilúe entendendo que os seres humanos levamos as dúas partes e que a negación dunha delas traerá desequilibrios. Os contos que se representarán son: “Historia de Vampiros” (de Benedetti), “A Cincenta que non quería comer perdices” (Nunila Pérez e Miriam Camerós),  “O Principiño e o Raposo” (Saint-Exupéry), “O pano do Sultán” (tradicional marroquí), “Llovió de noche” (de Galeano) e “A mai” (Fragmento de “As uvas da ira” de Steinbeck).

A entrada ten un prezo de 5 euros. Nekane Fernández tivo con Caperucitoloxía (2003) dúas nominacións aos premios de Teatro María Casares, ten traballado como actriz principal en diversas series da TVG como Rías Baixas ou telefilmes como Entre Bateas, polo que estivo nominada á mellor actriz nos premios Mestre Mateo

5 de febreiro de 2014 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.