O espectáculo de humor “O xardín das pernas roubadas” chega ao Teatro Jofre
A compañía Tuerka Teatro subirase este sábado, día 1 de marzo, ao escenario do Teatro Jofre para representar “O xardín das pernas roubadas”. A función, que forma parte da programación cultural do Concello de Ferrol, dará comezo ás 20:30 horas e as entradas poderán ser adquiridas no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).
“O xardín das pernas roubadas” é, ante todo, unha comedia en vermello, unha comedia aceda. Xoán Carlos Mejuto, influenciado por correntes tan dispares como poden ser o teatro do absurdo, Kafka, o cinema de ciencia ficción, e o humor de Woody Allen ou os irmáns Marx, tenta criar unha realidade estraña e inquietante que. Sempre a través do humor, faranos reflexionar sobre os problemas que padecemos día a día: a incomunicación na vida cotiá e a dificultade de atopar o amor; a corrupción dos poderosos e a alienación dos cidadáns de a pé; o inmenso poder que teñen sobre nós os medios de comunicación…











