O edil de Nigrán imputado espera demostrar que o seu labor “foi polo beneficio do pobo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+
E.P.

O edil de Vías e Obras do Concello de Nigrán, José Álvarez Valverde (PP), imputado na Operación Patos, que investiga supostas irregularidades en contratos públicos, emitiu este xoves un comunicado no que expresa a súa confianza en poder demostrar ante o xuíz que “todo o traballo realizado como concelleiro de Nigrán foi polo beneficio do pobo”.

Álvarez Valverde rexeitou entrar en detalles sobre a súa imputación ou sobre os expedientes e obras que están a ser investigados polo xulgado de instrución número 7 de Vigo, ata que non declare ante a xuíza, que é, na súa opinión, “a primeira persoa” que ten que escoitalo.

O concelleiro que, a pesar das súas manifestacións, non quixo prestar declaración na súa primeira comparecencia no xulgado, tamén precisou que a única imputación que pesa sobre el é por un suposto delito de tráfico de influencias, e non os delitos de suborno ou prevaricación. Así mesmo, engadiu que, até o momento, descoñece os feitos que determinaron a súa imputación.

Fontes xudiciais consultadas explicaron que, a pesar de que no auto de liberdade do concelleiro puidese figurar ese único delito, o certo é que a causa, que foi declarada secreta, séguese pola suposta comisión tanto do delito de tráfico de influencias, como o de suborno e, no caso concreto do edil nigranense, o de prevaricación.

As mesmas fontes sinalaron que, de feito, na dilixencia de entrada e rexistro ao Concello de Nigrán, que se lle trasladou ao imputado, consta que se van a rexistrar diversas depend

20 de febreiro de 2014 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.