O desfile infantil de Marín será na Cañota
Dende a Concellería de Cultura infórmase que debido a previsión metereolóxica recibida hoxe para o Sábado, con chuvia e vento, a comisión do Entroido decidiu cambiar a ubicación do desfile infantil trasladándoo o Pavillón da Cañota xa que tendo en conta o número de comparsas, a opción primeira do Multiusos, quedábase pequena.
Anímase a xente a asistir, inda que o mal tempo esté presente, o Pavillón da Cañota, recentemente acondicionado con asentos nas gradas, vai permitir sen dubida que os rapaces podar lucir os seus disfraces, e ademais, o rematar vaise a facer unha festa. Un plan xenial para un sábado pola tarde con chuvia.











