O desfile de Entroido infantil en Cangas será o vindeiro 1 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O próximo 1 de marzo terá lugar o desfile de Entroido Infantil. Dende a Ludoteca da Casa da Xuventude convidamos a tódolos nenos e nenas a participar cos seus disfraces e a disfrutar da festa organizada.

O desfile comezará ás 17.00 horas, sairá da Casa do Concello e transcorrerá polo centro de Cangas ata volver de novo á Carpa que estará instalada polo Entroido.

Tralo desfile de disfraces terá lugar unha festa infantil coa actuación musical do grupo “As Maimiñas”.

Para un bo desenvolvemento do desfile tódolos grupos que superen o número de 10 nenos/as, deberán anotarse na Casa da Xuventude, ou chamando ao 986392171.

18 de febreiro de 2014 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.