O desfile de Entroido do domingo en Ourense suporá récord de participación con 77 comparsas inscritas
Hoxe a partir das 20 h comezan oficialmente as actividades programadas para estes días de Entroido pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense. A primeira cita, tal e como marca a tradición será na Praza Maior, onde o grupo The Covers Band ofrecerá temas para quecer o ambiente previo ao pregón oficial, que será ás 21 h. Nesta ocasión, o pregón será ofrecido por Diego Álvarez Fernández, da Asociación de Persoas Xordas.
A partir deste momento, comezarán animacións continuas con charangas – catro pases ao día -, orquestras, sesións Dj´s ambientarán para que toda a xente se divirta.
Outra das citas salientables será o domingo, co desfile de comparsas e posterior concurso de rei e raíña do Entroido. Un total de 77 comparsas son as anotadas para o desfile que partirá desde o lugar habitual na zona das Lagoas a partir das 18 h da tarde. Esta cifra supón o récord histórico de participación de comparsas no desfile. O percorrido descorrerá polas rúas Curros Enríquez, Xoán XXIII, Progreso e Praza Maior.
Durante o desfile, haberá un espazo reservado para persoas con mobilidade reducida fronte a o Edificio da Deputación provincial.











