O departamento de Obras de Vilagarcía acondiciona os camiños do rueiro da parroquia de Cea
Os camiños da parroquia de Cea están sendo obxecto estes días dunha completa actuación de mellora quen ten como obxectivo acondicionar as pistas e cunetas do rueiro que se atopaban en peor estado debido aos estragos producidos polas copiosas choivas ou por unha falta de mantemento. Os operarios do Servizo municipal de Obras afánanse estes días nos camiños de Aldea de Arriba, no contorno da Igrexa e no acceso ao campo de fútbol.
Para a realización destes traballos o Concello dispón da motoniveladora e o pisón da Manconunidade do Salnés, e o apoio da pala do Concello. Nestes momentos estase a utilizar a motoniveladora para desfacer os surcos creados por torrentes de auga nos camiños de terra e alisar o chan. Posteriormente pasarase o pisón para compactar a terra.
A motoniveladora tamén se está a utilizar para limpar as cunetas de pistas asfaltadas. Neste caso só se actúa nos arcéns que están practicamente desaparecidos debido a unha falta de mantemento. A máquina emprégase para retirar das cunetas a terra arrastrada por efectos das correntes de auga e que en moitos casos incluso tapa por completo as canalizacións de recollida de pluviais. A cuchilla da motoniveladora tamén permite cortar a maleza que invade cunetas e entra na pista reducindo o ancho da calzada.
A actuación, ademais de mellorar a imaxe do rueiro, tamén incide na mellora da seguridade viaria, posto que se liberan as cunetas para que poidan circular os peóns sen necesidade de adentrarse na calzada, e esta recupera a amplitude que tiña orixinalmente para que os vehículos circulen con maior seguridade e comodidade.
Os traballos prolongaranse durante toda a semana, períododo no que o Concello disporá da maquinaria da Mancomunidade. Xa se rematou o acondicionamento do camiño de Estrelos, en Aldea de Arriba e hoxe trabállase no contorno da Igrexa de Cea e no camiño de acceso ao campo de fútbol, estando previsto continuar pola pista que une Zamar con Cornazo e tamén en Santa Mariña.
O Concello contará unha semana ao mes da motoniveladora e o pisón, polo que os traballos de mellora de camiños retomarase o vindeiro mes por outras parroquias.











