O departamento de Cultura e Xuventude de Ribadumia abre a inscrición no Curso de Monitores de Tempo Libre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

A concellería de Cultura e Xuventude de Ribadumia organiza un curso de Monitores de Tempo Libre dirixido para persoas maiores de 18 anos e para o que xa ten aberto o prazo de inscrición ata o xoves 6 de marzo. O custe do curso e de 200 euros con carné xove e 200 euros para o resto. As persoas interesadas en participar poden anotarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa de Cultura de Ribadumia, ou no teléfono 986 710 711. Deberán indicar o nome e apelidos, o enderezo, o teléfono e a idade.

Trátase dun curso homologado pola Xunta de Galicia. As datas nas que se vai desenvolver aínda están por confirmar, pero as clases impartiranse durante o fin de semana. O curso ten unha duración de 350 horas, das que 200 son teóricas e o resto prácticas.

O curso inclúe a obtención do Carné de Manipulador de alimentos obrigatorio para o exercicio profesional.

As prazas son limitadas.

19 de febreiro de 2014 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.