publicidade hoxe

O debut de Tachi sáldase cun empate entre o Boiro e o Rácing Villalbés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

Despois de defender a elástica branca durante uns minutos en Pasarón e a semana pasada contra o Choco en Redondela, Tachi por fin debutou no campo do seu equipo, en Barraña. A estrea do ex do Compos como local saldouse cun xusto empate tanto para os locais como para o Rácing Villalbés no que, tanto local como visitante, tiveron oportunidades para poder porse por diante.

A mellor oportunidade do Villalbés estivo no minuto dous de xogo, cando Mackay impediu que, o que parecía unha clara ocasión de Poratti, convertésese en gol. Mackay tivo que empregarse a fondo ao longo do partido pois, a presión visitante na súa área creou serio perigo nalgunhas ocasións.

O Boiro, que non se amedrentou, seguiu insistindo ata que, no minuto 41, Hugo Soto conseguiu adiantar ao Boiro no electrónico (1-1) tras bater a José Anxo nun man a man.

Co 1-0 ao descanso, os dous técnicos tentaron dar novas instrucións aos seus pupilos e Gelucho, á volta, realizou o primeiro cambio; Paco, que tiña unha amarela, por Alberto Rendo.

O Rácing de Charlie volvería saír enchufado e foi un pesadelo para a defensa boirista nos primeiros minutos da segunda metade. O partido estivo moi disputado, os dous equipos merecian anotar pero sería finalmente Tachi o que anotaría en propia porta pondo táboas no marcador cando faltaban dez minutos para o final.

Este empate deixa ao Boiro líder en solitario unha semana máis e con 47 puntos. 

FICHA TÉCNICA

CD BOIRO: Mackay, Paco (Rendo, min. 46), Marcos, Cardeñosa, Tachi, Pedro, Iván, Jacinto (Bendaña, min. 61), Hugo, Padín e Anxo (Rubén Márquez, min. 77).

Rácing Villalbés: José Anxo, López, Álex, Josito, Borja, Hugo (Jose Varela, min. 61), Poratti, Javi Varela, Nico (Efrén, min. 75), Make e Óscar Martínez.

Amarelas: Paco, Jacinto, Rubén e Pedro García por parte do CD Boiro e Borja, Poratti e Javi Varela por parte dos visitantes.

Árbitro: Manuel Vidal, do colexio de Pontevedra. Asistido por Daniel Vilar e Matías Otero.

2 de febreiro de 2014 | 21:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.