publicidade hoxe

O D.O. Ribeiro sorprende ao sector profesional asistente ao día do viño de Zürich

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseRibadavia
A-
A+
Cata en Zürich

Cata en Zürich

A Denominación de Orixe Ribeiro presentouse o pasado 17 de febreiro a través de once referencias de 9 adegas do D.O. no Kongresshaus de Zürich, da man do xornalista especializado no mundo do viño, David  Schwarzwälder, nun seminario orientado ao sector profesional suízo, no que máis de 100 persoas, dedicadas á importación, distribución, horeca… puideron coñecer as características dos viños do D.O. Ribeiro, tanto brancos como tintos.

As adegas que inician a súa andaina no mercado suízo a través do plan Suíza do C.R.D.O. Ribeiro son: Adega Alanís, Adegas Campante, Adegas Docampo, Casal de Armán, Coto de Gomariz, Eduardo Pena, Pazo de Vieite, Terra do Castelo e Viña Costeira.

O D.O. Ribeiro, participou de forma dobre no evento Día do Viño en Zürich, co seminario dedicado a profesionais do sector, e coa mostra de viños con importador no recinto feiral, que tivo unha gran acollida, pola diferenciación con outras DD.OO españolas, xa que lles resultaba moi interesante o coupage de variedades, característico desta Denominación.

19 de febreiro de 2014 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.