O crecemento de Alvedro avala a estratexia do executivo de Carlos Negreira
A presidenta do Consorcio de Turismo e tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, destacou hoxe que o crecemento de Alvedro confirma que as estratexias do Goberno local para consolidar A Coruña “dan os seus froitos” porque se basean en tentar buscar rutas que se correspondan coa demanda real dos pasaxeiros, en reforzar a conectividad e en ampliar a oferta de destinos, prezos e horarios.
Cid recoñeceu que últimos datos de AENA son “moi boas noticias” para a cidade, xa que cun total de 70.372 pasaxeiros o pasado xaneiro é o segundo aeroporto que máis crece de España, cun incremento do 41,6% respecto ao mesmo mes de 2013 e do 11,3% respecto de xaneiro de 2012.
“As cifras confirman a boa evolución do aeroporto, o crecemento foi espectacular”, engadiu Luisa Cid, quen no entanto apelou á prudencia e “a seguir traballando” para que esta situación mantéñase nos próximos meses. “Noticias así nos animan a continuar e a manternos firmes na nosa aposta e compromiso con Alvedro”, engadiu.
Luisa Cid lembrou que o crecemento do pasado xaneiro “foi espectacular”, e neste sentido destacou a “magnífica remontada” do aeroporto despois da quebra de Spanair,que transportaba a un de cada tres pasaxeiros en Alvedro, e á marcha de EasyJet de Madrid.
“Mentres outros aeroportos van mal, o noso vai ben”, subliñou. “Todas as nosas rutas consideradas estratéxicas van ben”, recalcou Cid.
En todo caso, insistiu en que este ano hai que “consolidar o obtido, en seguir loitando pola terceira ruta a Barcelona e en mellorar a ocupación de Bilbao”, para engadir que desde o Goberno local, a pesar dos bos datos, non baixará a garda porque Alvedro é unha prioridade.











