O consorcio As Mariñas aproba un orzamento de 13,59 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O pleno do Consorcio As Mariñas se reunión no mediodía de hoxe, cunha orde do día en que o sobresaíu a proposta de orzamentos para o ano 2014. O ente comarcal aprobou por unanimidade un orzamento de 13,59 millóns de euros, na liña do pasado exercicio (foi de 13,74 millóns).

Desta forma, o documento económico segue unha liña de continuidade con respecto aos últimos anos, no que a maior parte dos fondos refírense á xestión do servizo de tratamento de residuos.

No apartado de gastos, dos 13,59 millóns de gastos, 12,9 destínanse a gastos en bens correntes e servizos e 619.000 euros a persoal. O presidente do Consorcio, José Antonio Santiso, explica que neste apartado, o Consorcio consigna 40.000 euros para cofinanciar grazas a subvencións a contratación de dous axentes de desenvolvemento local e un técnico de cooperativismo. O obxectivo, apunta, é desenvolver proxectos para “dinamizar o territorio e apoiar aos cidadáns na creación de oportunidades económicas”. As partidas restantes do capítulo de gastos son de 50.000 euros para transferencias correntes e 7.500 euros para investimento.

O apartado de ingresos componse principalmente da taxa polo tratamento de lixos, con 12,79 millóns de euros. O Consorcio cumpre o principio de autofinanciación e coa taxa finánciase mesmo o persoal do Consorcio dedicado ao tratamento de residuos. Os Concello achegarán 664.000 euros, contía similar ao ano pasado. Estes fondos destínanse ao Plan Coordinador de Servizos Sociais, a investimentos, a proxectos, á achega do servizo de lacería e a Cultura e de Deportes. Estas introdúcense para poder adiantar o diñeiro solicitado mediante subvencións doutras administracións e así poder levar a cabo as actuacións na materia.

Situación de Nostián

Acerca da situación da planta de residuos de Nostián, a comisión do Consorcio conformada polo presidente, o alcalde de Culleredo, Xullo Sancristán, así como os técnicos e xerente, explicou en que punto atópase o traballo que se está realizando co Concello da Coruña.

A análise das auditorías da planta atópase moi avanzado. En breve, os técnicos finalizarán o seu estudo e redacción das conclusións obtidas, o que servirá de base para tomar as medidas oportunas ante a casuística.

Ademais, o pleno aprobou o recoñecemento das facturas de Albada, do tratamento dos residuos, correspondentes aos meses de novembro e decembro de 2013. Desta forma, o Consorcio xa recoñeceu todos estes gastos, ao variar a empresa as facturas, excluíndo o impacto do vertedoiro, cuestión que reclamaba o organismo comarcal.

Sobre a posible prórroga á concesionaria do servizo de recollida de lixo, o Consorcio realizará un estudo dos seus ingresos e gastos que servirá como base para tomar a determinación.

7 de febreiro de 2014 | 20:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.