O Conservatorio de Culleredo estrea dúas obras de música a nivel mundial e europeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCulleredo
A-
A+

Culleredo será referencia da música este fin de semana. O Conservatorio Municipal celebra dúas xornadas repletas de formación e concertos, coa presenza de grandes figuras na materia.

A asociación Galicia Graves impulsa co Conservatorio a iniciativa. Durante o sábado e domingo levarán a cabo cursos de canto e cursos de contrabaixo, que contará coa presenza de artistas de importancia mundial.

Destaca a participación de Barry Green, un contrabajista estadounidense con reputación en internacional. Ou a prestixiosa pianista Mariña Pacowski, de Francia. Ou o contrabajista Diego Zecharies, membro da Orquestra Sinfónica de Galicia.

O prato forte será a noite do sábado. O auditorio do Conservatorio ofrecerá dúas estreas a nivel internacional. Na primeira parte, a obra “Four portraits for Mariña P.: Portraits nº1” soará por primeira vez no mundo en Culleredo. Foi escrita por Bernard Sáelles, e será interpretada por Barry Green e Diego Zecharies, contrabaixos, e Mariña Pacowski, piano. Esta primeira parte complétase coas pezas:

· “Impromtu Op. 90 nº4”, de Franz Schubert, a cargo de Mariña Pacowski, piano.

· “Lle grand Tango”, de Astor Piazzolla: por Diego Zecharies, contrabaixo, e Mariña Pacowski, piano.

E na segunda parte, o espectáculo “Anna´s way”, estréase a nivel europeo. É unha idea orixinal de Barry Green, interpretada por Barry Green, contrabaixo solista; Mariña Pacowski, piano; Miguel Paz, percusión; e Vitoria Alvarez, narradora.

É un espectáculo audiovisual que inclúe vídeo e narrador, con texto orixinal de Alan Scofield. “Anna´s way” é unha viaxe sonora de 45 minutos que nos introduce no mundo dunha adolescente, estudante de música moi talentosa, que sente frustrada pola práctica do seu instrumento, o contrabaixo, e que recuperará a ilusión e a paixón pola música tras recibir clases cun mestre de Tai Chi Chen.

A conmovedora historia ofrece un enfoque creativo sobre a forma en que escoitamos, aprendemos e interpretamos a música. Esta viaxe de transformación inspírase na música da India, China, Africa, Brasil, Israel ou América.

O concerto terá lugar o sábado ás 20.00 horas. O acceso será libre e gratuíto.

6 de febreiro de 2014 | 20:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.