O concello do Carballiño ofrece as súas instalacións para cursos de formación laboral
O concello do Carballiño, a través da súa concellaría de Traballo que dirixe a edil Teresa Cerdeira, subscribiu un convenio coa empresa Gestamp, antes Aplicarmetal, no que o concello cede temporalmente 3 aulas para a formación teórica, e parte da nave municipal da Uceira para a localización dunha cadea de soldadura con maquinaria destinada ás prácticas dos alumnos, en total serán 80 persoas as que se formen, das cales o 60% serán contratados pola empresa. Esta actuación enmárcase dentro da programación de cursos da Xunta de Galicia, que desde o concello promóvense ao tratarse dun recurso para a contratación inmediata de veciños e veciñas da vila.
Perséguese con esta actuación o fomento do emprego e a reactivación da economía local, formando para traballar aos veciños e veciñas do municipio e, desta forma, evitar que se contraten traballadores de fóra do mesmo.
O alcalde do Carballiño sinalaba que “nestes momentos Gestamp é o noso Flotel, nesta empresa traballan máis de 300 persoas, e desde un principio escolleron o noso chan industrial para pór en marcha o seu proxecto, por iso, e pola súa aposta polos veciños desta vila, é polo que debemos ofrecerlles todas as necesidades que, desde o concello, podámoslles dar”. Neste sentido Argimiro Marnotes adiantaba que se vai a solicitar á Xunta de Galicia , en concreto á consellería de Industria, a mellora de vos viarias do parque empresarial, en concreto as rotondas, para favorecer o tránsito dos vehículos pesados que traballan para esta empresa, e para o resto de empresas.
Pola súa banda Gestamp xa iniciou os contactos para solicitar o paso franco a través do túnel da Cañiza, ante o ministerio , e desta forma poder seguir traballando desde O Carballiño.
Por último tanto a edil Teresa Cerdeira como o alcalde lembraron e animaron ao resto de empresas a que soliciten axuda para a formación de futuros traballadores, e por tanto á creación de novos postos de e traballo para os veciños deste municipio.











