O concello do Carballiño comprométese a manter un Grupo de emerxencias dentro das posibilidades actuais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballiño aseguraba que non vai permitir que este municipio quede desamparado no que a seguridade contra incendios refírese, e por iso vaise a orzar unha partida para cubrir este servizo con voluntarios, aos que o concello comprométese a pagar dietas “é ao máximo que podemos chegar desde o concello”, e así llo comunicou ao responsable comarcal de Protección Civil, o cal elaborou unha organigrama para cubrir as necesidades da vila e municipio, no que se contaría con tres voluntarios en quenda de 24 horas.

Esta acción vén motivada pola finalización do contrato dos grumir o próximo 27 de febreiro , e o baleiro que queda ao non contar co GES solicitado,e mentres non se produzan a renovación de persoal por medio da subvención deste corpo de seguridade GRUMIR vén tendo por parte da Xunta de Galicia.

Tamén o alcalde reunirase cos alcaldes da comarca para determinar si é posible mancomunar un servizo específico de emerxencias independente do futuro parque íntercomarcar de bombeiros e que cubra necesidades de todos os concellos.

24 de febreiro de 2014 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.