publicidade hoxe

O Concello de Xove mostra o seu apoio á Iniciativa Local de Emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O Concello de Xove apoia a proxección desta ILE que ven de recibir o diploma da Deputación Provincial LUGOSABE e que participará no FORUM GASTRONOMICO DA CORUÑA do 23 ao 25 de febreiro. Nel realizarán as seguintes accións de promoción:

– Obradoiro no Ateneo o domíngo ás 11:00.

– Degustación na sala de catas do stand da Consellería de Mar e Medio Rural o martes ás 10:30.

– Participación en Forum Ciudad xunto con Estrella Galicia nun obradoiro de maridaxe de cervexa e conserva.

O próximo mes de marzo, dos días 10 ao 13 participarán no SALÓN DE GOURMETS DE MADRID ao que acudirán  como coexpositores da Consellería de Mar e Medio Rural.

En ambas feiras a empresa xovense preséntase coa marca CURRIMAR CONSERVAS TRADICIONALES  e propón novos formatos e novos produtos como son os  LOMOS DE BONITO AO NATURAL e os LOMOS DE BONITO EN ACEITE ECOLÓXICO.

21 de febreiro de 2014 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.