O Concello de Vilagarcía dispón da motoniveladora da mancomunidade durante unha semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía dispón durante esta semana da motoniveladora da Mancomunidade do Salnés. O vehículo, de dez metros de longo, será utilizado para o arranxo e mantemento das numerosas pistas da área rural, complementando así a labor que xa vén realizando o servizo de obras. Como queira que a motoniveladora lle corresponde ao Concello unha semana de cada mes, a concelleira Ana Granja xa se dirixiu a todas as asociacións veciñais das parroquias a fin de que fagan chegar as súas necesidades.

Na mañá de hoxe a maquinaria estivo no lugar de Aldea de Arriba, en Cea, e nos vindeiros días estará en Zamar (Rubiáns) e Cornazo. Se fora posible se trasladaría tamén a Bamio. Os traballos consisten, básicamente, na limpieza, arranxo e compactación do solo das pistas rurais, de xeito que así seguen mantendo o seu ancho original e facilita a comunicación interparroquial. Outra maquinaria e operarios do Servizo de Obras do Concello complementan otros traballos retirando por exemplo os residuos da limpeza.

10 de febreiro de 2014 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.