publicidade hoxe

O Concello de Val do Dubra solicita axuda para reconstruír unha ponte danada polos temporais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

O Concello de Val do Dubra solicitou apoio financeiro á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para reparar unha ponte na localidade de Erviñou que ameaza con derrubarse. O “grave estado de deterioración” está causado polos temporais e crecidas dos ríos dos últimos días. O Goberno municipal solicita que a Xunta que se faga cargo da reconstrución desta ponte que é “de gran interese debido ao seu uso para acceso a leiras agrícolas”.

A ponte, que pasa sobre Rego do Porto, está localizado no lugar da Igrexa, parroquia de San Cristobo de Erviñou. Sobre el pasa unha estrada de titularidade municipal que comunica localidades como Erviñou e Arabexo. Segundo o alcalde de Val do Dubra, Ramón Varela, esta vía é utilizada e transitada polos veciños para acceder ás súas leiras e a outros núcleos de poboación do Concello. “A ponche resulta totalmente intransitable”, asegura o rexedor. O paso está agora cortado. A súa estrutura resultou danada por mor da crecida das augas nas últimas semanas.

O Concello de Val do Dubra confía en reparar canto antes a estrutura da ponte. A súa rehabilitación está orzada ao redor dos 22.000 euros. Este Concello rexistrou outras infraestruturas tamén deterioradas a causa do temporal, aínda que en menor grao. O Goberno municipal estima que para reparar os danos en infraestruturas do municipio fará fanta ao redor dos 50.000 euros.

21 de febreiro de 2014 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.