O Concello de Teo abre a preinscrición nos cursos de lingua galega Celga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo vén de abrir o prazo de preinscrición para os cursos de lingua galega (CELGA). Trátase de recoller a demanda existente nesta localidade e trasladala dende o Concello á Xunta de Galicia. As persoas interesadas nesta formación deben presentar o formulario no Rexistro Xeral ou no Servizo de Normalización Lingüística ata o sábado 22 de febreiro.

Neste momento cómpre unicamente indicar en cal das catro modalidades están interesados/as,Celga 1, 2, 3 ou 4. Unha vez recollidas as solicitudes serán trasladadas á Secretaría Xeral para que esta determine o número e calendario definitivo dos cursos que se van realizar. Os cursos deben ter un número mínimo de 20 asistentes.

Segundo indican dende Normalización Lingüística unha vez que se faga público o calendario definitivo será cando as persoas preinscritas poidan formalizar a matrícula. Dende a Xunta de Galicia indicouse que os cursos que se convoquen terán lugar durante os meses de abril e maio.

12 de febreiro de 2014 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.