O Concello de Soutomaior publica as bases para o desfile de comparsas de Entroido en Arcade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

1.- O Desfile de comparsas terá lugar o día 8 de marzo de 2014.

2.- Requisitos:

As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. Non se considerarán como comparsas con dereito á inscrición e participación aquelas que repitan o seu disfrace de anos anteriores. Poderanse excluír como beneficiarios das axudas regulados nestas bases todas aquelas que non cumpran as condicións esixidas.

O número máximo de comparsas participantes no desfile é de 14 que se elixirán por rigorosa orde de solicitude de inscrición no rexistro xeral do Concello.

As comparsas participantes no desfile deberán ter un mínimo de 30 compoñentes.

3. -O lugar de saída será a Rúa Calvario, na intersección da Avda. Xosé Solla coa Rúa Cochón ás 17:00 h.

4.- As comparsas deberán estar no lugar da saída 30 minutos antes de que dea comezo o desfile.

A primeira en desfilar será a dos nenos e nenas que forman a comparsa resultante do taller que organiza o Concello de Soutomaior. As demais o farán por urden de chegada.

5.- Itinerario do desfile: Rúa Calvario, Avda. Xosé Platija, Rúa Rosalía de Castro e remate na Alameda Tallo Río de onde haberá unha festa de entroido coa actuación do Trío Sevilla até as 22:00 h.

6.- Procedemento.

A inscrición farase nas Oficinas do Concello de Soutomaior, a través do fax (986705333), en horario de 9:00 h a 14:00 h. até o día 3 de marzo de 2014.

No momento de formalizar a inscrición, indicarase:

– o nome da comparsa
– o nome e apelidos do representante
– un número de teléfono e mail de contacto.
– a categoría na que se inscribe
– número de membros que a compoñen

7.- As axudas pola participación no desfile son os seguintes:

a)Para as comparsas que non leven nin carroza nin megafonía propias:

– de 30 a 40 membros: 100 €
– Máis de 40 membros: 150 €

b)Para as comparsas que leven carroza e megafonía propias:

– de 30 a 40 membros: 300 €
– Máis de 40 membros: 400 €

8.- As axudas pagaranse mediante transferencia bancaria previa presentación da factura correspondente no Concello.

Os colectivos que estean exentos de IVE deberán presentar ademais un certificado da secretaria da asociación no que constará o número de expediente de devandita exención. (Poderán pedir o modelo no Concello no momento de facer a inscrición).

9.- A participación neste desfile, implica a aceptación destas bases.

10.- A organización gárdase o dereito de non deixar desfilar a todas aquelas comparsas que non cumpran algunha das condicións establecidas nestas bases.

3 de febreiro de 2014 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.