publicidade hoxe

O Concello de Soutomaior inicia o prazo para inscribirse nun curso de primeiros auxilios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O Concello de Soutomaior, a través do seu Centro de Información á Muller (CIM), abre o prazo de inscrición para un novo curso de Primeiros Auxilios Básicos. O ciclo ten unha duración de 20 horas e será impartido por docentes do centro de formación da Cruz Vermella, no edificio Multiusos de Arcade, a partir do próximo 18 de marzo.

Saber aplicar as técnicas de Reanimación Cardio Pulmonar (RCP) ou a forma de proceder ante unha persoa con hemorraxia, ferida, queimaduras ou traumatismos son algúns dos aspectos nos que se centrará este curso, que ten como obxectivo o capacitar aos seus alumnos para actuar da maneira correcta ante unha situación de perigo ou emerxencia.

Ten unha duración de 20 horas, despois das cales os asistentes terán que superar unha proba teórico-práctica para a obtención do diploma acreditativo de Primeiros Auxilios Básicos, expedido polo Centro de Formación da Cruz Vermella Española.

As clases comezarán o 18 de marzo e impartiranse no edificio Multiusos de Arcade todos os martes até o 8 de abril en horario de 10:00 a 12:30 horas.

O custo para os alumnos empadroados no Concello de Soutomaior é de 5 euros e de 10 € para os que non o estean, e inclúe o material didáctico e un manual primeiros auxilios da Cruz Vermella. Os interesados en recibir máis información ou en formalizar a matrícula deben dirixirse ás oficinas do Centro de Información á Muller, no edificio Multiusos de Arcade, até o próximo 13 de marzo.

O curso conta con 20 prazas dispoñibles.

24 de febreiro de 2014 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.