O Concello de Santiago rinde unha ofrenda floral a Rosalía de Castro no 177º aniversario do seu nacemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Ofrenda floral

Ofrenda floral

O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu na Alameda o acto de homenaxe a Rosalía Castro con motivo do aniversario do nacemento da poeta, organizado polo Concello e a Fundación Rosalía de Castro. Alí, ante a estatua da escritora na Alameda realizouse unha ofrenda floral. Debido ás obras que se están realizando onde naceu Rosalía o 24 de febreiro de 1837 -hai 177 anos-, a tradicional ofrenda da praza de Vigo trasladouse á Alameda. Un grupo de gaiteiros acompañou os representantes municipais e da Fundación dende a Porta Faxeira ata a estatua, onde se levou a cabo a ofrenda.

Tras lembrar os anos vividos por Rosalía de Castro na cidade onde naceu e na que “xurdiron as páxinas máis brillantes da súa obra”, o alcalde reivindicou a figura da poeta e un maior coñecemento da mesma.

24 de febreiro de 2014 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.