O Concello de Santiago recomenda precaución ante as previsións dunha nova alerta por vento
A Dirección xeral de Emerxencias e Interior vén de emitir unha nova alerta de nivel laranxa por ventos de ata 100 quilómetros que comenzará na tarde de hoxe e finalizará ao inicio de mañá, sábado 8. Ante esta situación, o Concello de Santiago prega aos cidadáns extremen as precaucións e lembra que segue activo o dispositivo de emerxencia integrado por Policía Local, Bombeiros, Brigada de Vías e Obras, Protección Civil e as empresas concesionarias.
Así mesmo, a Dirección xeral de Emerxencias recomenda á cidadanía:
– retirar todos os obxectos que poidan caer á rúa desde tellados, balcóns e fiestras, así como pechar e asegurar ben as portas, fiestras e persianas
– camiñar preto da fachadas dos edificios e vixiar a posible caída de obxectos
– evitar pasar preto de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, andamios e obxectos que poida derrubar o vento
– en caso de ter que usar o vehículo informarse antes do estado das estradas e circular con precaución, especialmente nos adiantamentos de autobuses e camións, polo forte impacto do vento que se xera
– non utilizar vehículos lixeiros nin de pouca estabilidade (bicicletas, ciclomotores)
– en caso de ter que deixar o vehículo na rúa, aparcalo nun lugar protexido do vento e ben inmobilizado
– ante calquera emerxencia chamar ao 112
Teléfonos de interese: Bombeiros (080) e Policía Local (092).
Peche de instalacións deportivas
A Comisión Escolar de Alertas, debido ao fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento, determinou a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos da provincia da Coruña a partir das 18:00 horas deste venres 7 de febreiro.
en consecuencia, e vistas as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía e de MeteoGalicia, o Departamento de Deportes informa que se suspenden as actividades de todos os campos de fútbol municipais.
A maiores, tamén permanecerán pechados os seguintes pavillóns polideportivos municipais:
– Lamas de Abade
– Monte dos Postes
– Apóstolo Santiago
– Quiroga Palacios
– Vite I (Colexio)
O resto dos pavillóns, en principio, manteñen a súa actividade ordinaria á espera de como evolucione o temporal.











