O Concello de Ribadumia abre o prazo de preinscrición nos cursos Celga
O Concello de Ribadumia abre o prazo para preinscribirse nos cursos Celga do ano 2014 para persoas maiores de 16 anos. Os interesados en participar nalgún dos cursos gratuítos de lingua galega e preparar as probas dos certificados dos diferentes niveis –Celga 1, 2, 3 ou 4- poden anotarse no Servizo de Orientación Laboral de Ribadumia, situado na Casa da Cultura de Ribadumia, ata o luns día 24 de febreiro.
A celebración destes cursos en Ribadumia dependerá de que haxa un número suficiente de solicitudes, polo que desde o Concello de Ribadumia se anima a toda a cidadanía que queira mellorar as súas competencias en lingua galega a que solicite esta actividade formativa gratuíta.
Nas inscricións deberán constar os seguintes datos: nome completo, DNI, número de teléfono de contacto e curso Celga que desexen facer.
Curso de Carretillero e Manipulador de alimentos.
Esta actividade súmase a oferta formativa de manexo de carretilla e manipulador de alimentos que se organiza dende o Concello e para o que aínda está aberto o prazo de inscrición.











