O Concello de Pontevedra mantén activado o dispositivo de emerxencia por mor do temporal
O Concello de Pontevedra mantén activado o dispositivo de emerxencia por mor do temporal que está a sufrir o concello. Até as 13.30 horas, as intervencións de todos os integrantes deste dispositivo de emerxencia, coordinados pola concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva, foron 29. Os máis salientables foron:
• Cable roto na rúa Arco
• Cadro eléctrico sen tapa na avenida de Vigo
• Canalón na rúa Blanco Porto
• Chapas de tellado na rúa Iglesias Vilarelle
• Canalón con perigo de desprendemento en Monte Porreiro
• Chapa en Barcelos que causou danos a un vehículo
• Intervención no edificio da Xunta, con peche de Fernández Ladreda, aberto arredor das 13.30 horas.
• Claraboia do Concello, Michelena 30.
• Perigo de antena no barrio dos Salgueiriños
• Conde Bugallal canalón que ameaza con caír
• Canalón en rúa Nova de Arriba
• Antena en Daniel de la Sota
• Diversos colectores tirados: Montero Ríos, Teixoeira, Luís Otero…
• Cartel publicitario na rúa Peregrina
• Sinais caídas na rúa Bélxica e Juan Carlos I.
• Muro ameaza con caír no Regueiro, Montero Ríos (Estribela)
• Muro caído na avenida do Uruguai, á altura da ponte das Correntes.
• Árbores caídos: estrada de Vilagarcía, Campañó, Hermida (Marcón), diante do cemiterio de Tomeza, Colexio Vilaverde, rúa Dinamarca…











