O Concello de Pontevedra celebrará o Día de Rosalía cun recital poético no Principal
A Concellaría de Patrimonio Histórico organiza o vindeiro luns, 24 de febreiro, a partir das 20.00 horas un recital poético para celebrar o Día de Rosalía. Esta actividade está incluída dentro da programación de A memoria das mulleres, e será no Teatro Principal. O Recital poético será a cargo de Marta Dacosta, Lucía Novas e Olalla Cociña. Tamén está prevista unha actuación musical do grupo Adonairare e a Asociación de escritores en lingua galega.











