O Concello de Poio porá en marcha un programa de integración de hábitos saudables na unitaria de O Vao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoioPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na reunión con responsables do Concello de Poio

Cores Tourís na reunión con responsables do Concello de Poio

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Poio, Luciano Sobral, co obxectivo de analizar a posta en marcha dun programa de hábitos saudables na escola unitaria do poboado de O Vao.

Na reunión estiveron presentes tamén a secretaria territorial da Xunta en Pontevedra, Ana Ortiz, o xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares, a xefa territorial de Sanidade, Ángeles Feijoo Montenegro así como a concelleira de Educación de Poio, María Alicia Martínez.

Durante a reunión, ambas partes traballaron na busca de pautas que permitan poñer en marcha un programa de integración para hábitos saudables e educación entre os nenos da escola unitaria de O Vao.

O obxectivo sería solicitar persoal de apoio a través das diferentes liñas de axudas das administracións para, por un lado, traballar nas dúas unidades desta escola formando aos rapaces en hixiene e educación, e por outro, apoiando esta formación a través das familias no propio poboado.

O delegado territorial destacou a sensibilidade tanto da Xunta de Galicia como do concello de Poio de cara a inclusión de persoas con desvantaxes sociais que necesitan un reforzo por persoal técnico cualificado de cara a adquisición de habilidades residenciais e de convivencia para a plena normalización no sistema educativo.

18 de febreiro de 2014 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.