O Concello de Poio gardará 5 minutos de silencio en recordo a última asasinada por violencia machista
O Concello de Poio gardará mañá mércores 26 de febreiro 5 minutos de silencio, ás 12.00 h., por María Jiménez, de 37 anos, a última muller asasinada na Galiza por causa da violencia machista. O CIM de Poio, membros da corporación e traballadores do concello, concentraranse no exterior do centro de servizos sociais (Casa Rosada) xunto cos veciños que queiran sumarse a este acto simbólico de solidaridade coas vítimas e as súas familias, e de denuncia e reivindicación da erradicación da violencia machista.











