O Concello de Ourense oferta cursos gratuítos de galego para a obtención do certificado CELGA

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ourense e a Secretaría Xeral de Normalización lingüística da Xunta de Galicia, organizan unha nova convocatoria de cursos gratuítos de galego preparatorios para a obtención dos Certificados CELGA.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 20 de febreiro, e precísanse un mínimo de 20 persoas para que se celebre esta acción formativa. Os niveis ofertados son o 1, 2, 3 e 4.

As persoas interesadas deberán anotarse no teléfono 988 391 290 ou no enderezo electronico: normalizacionlinguistica@ourense.es.

12 de febreiro de 2014 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.