O Concello de Oleiros sancionará as podas «salvaxes» de árbores
O Goberno local sancionará as podas descontroladas de árbores que se produzan no municipio. Segundo sinalou esta mañá o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, as multas poderían superar os 300 euros por agresións a bens públicos. O rexedor sinalou que nos últimos días rexistráronse varias podas deste tipo en árbores situados na vía pública, concretamente en Canide, na rúa da zamburiña, onde cortouse sen ningún tipo de criterio polas dun exemplar.
O Concello de Oleiros leva a cabo un estrita política de defensa do medio ambiente, e, neste sentido, xa se levaron a cabo iniciativas similares no pasado para castigar aos infractores responsables deste tipo de actos.











