O Concello de Oleiros prestou unhas 30.000 horas de axuda no fogar durante o ano 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Oleiros atendeu a 143 persoas ao longo do ano 2013, o que se traduciu nuntotal de 30.300 horas de atención. Nos últimos anos o perfil da persoa querecibe o servizo e as tarefas prestadas cambiaron notablemente, atopándonoscon persoas cun importante deterioro do seu estado de saúde, que viven coassúas familias, centrándose as tarefas a realizar en atencións persoais, deaxuda no aseo persoal e de mobilizacións. O papel do servizo de axuda nofogar como apoio ás familias que apostan por atender aos seus maiores nacasa é fundamental.

Na actualidade dentro deste servizo distínguense dúas liñas de atención: através do sistema de atención á dependencia e de libre concorrencia, asegunda dirixida ás persoas que non teñen acceso ao servizo pola primeiraopción. Como consecuencia do baixo número de horas que ten asignadas aXunta de Galicia ao Concello de Oleiros a través do sistema de atención ádependencia, por debaixo de outros concellos como Bergondo ou Betanzos, aatención de moitas desas persoas con dependencia teña que ser asumido polopropio Concello a través da vía de libre concorrencia.

Solicitude de incremento de horas

En varias ocasións, ao longo do último ano, o Concello de Oleiros solicitouante a Xunta de Galicia un incremento no número de horas, co fin de que ashoras asignadas estean de acordo á poboación e ás necesidades que hai noconcello, sen que polo momento se obtivera unha resposta positiva. Todo istomotiva que o servizo de axuda no fogar de libre concorrencia, onde se teríaque atender á persoas que non teñen dereito polo sistema de dependencia,estea practicamente bloqueado o seu acceso e se atenda a numerosas persoasque deberían ser atendidas a través da dependencia e das horas asignadaspola Xunta de Galicia.

O Concello de Oleiros está a realizar un importante esforzo neste programa cofin de non deixar sen atención a aqueles veciños e veciñas que mais onecesitan pola gravidade da súa situación. Do total dos gastos realizados através de ambos servizos, no global do programa, cun importe anual de550.000 euros, o Concello de Oleiros asume o 61%, a Xunta de Galicia o 28%vía subvencións e os propios usuarios un 11%. Vendo estes datos, resultaparadóxico que a nova lei da administración local aprobada polo goberno poñaen perigo o papel que están a xogar os concellos en servizos como o de axudano fogar, xa que ten a intención de retirarlles esta competencia a finais de2015. ¿Quén vai asumir a parte que están a aportar os concellos se non llesdeixan prestar o servizo?

14 de febreiro de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.