O Concello de Narón recibe un abono de 4.000 euros por baixa siniestralidade laboral no 2012
A Dirección Xeral de Ordenación da da Seguridade Social ven de conceder ó Concello de Narón un abono económico de 4.690,21€ en concepto de bonificación por baixa siniestralidade laboral durante o ano 2012.
O director da mutua Fremap, Juan Pablo del Río Cacheiro, visitou onte ó Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, para notificarlle esta resolución e o seu ingreso bancario. Dita bonificación ben dada pola contribución do Concello de Narón á redución da siniestralidade laboral no ano 2012. Trátase da segunda vez que o Concello recibe unha bonificación por este concepto, posto que no ano 2010 a Seguridade Social xa lle recoñeceu esta condición.
Para poder ser beneficiario deste incentivo (previsto no Real Decreto 404/2010, do 31 de marzo) o Concello tivo que cumprir unha serie de requisitos, tales como:
-Ter nomeado un responsable de prevención de riscos laborais.
-Realizar avaliacións de riscos do posto de traballo de todo o persoal municipal.
-Planificación, formación e información en materia preventiva.
-Garantir a vixilancia da saúde de tódolos/as traballadores/as.
Ademais, o Concello de Narón ten nomeados representantes dos traballadores en materia de prevención de riscos laborais e delegados de prevención. Asimesmo, no ano 2005 constituíu o Comité de Seguridade e Saúde laboral (formado por tres funcionarios e tres representantes políticos municipais).











