O Concello de Narón fomenta, a través de medidas coma o uso da bicicleta, a Mobilidade Sostible
O Concello de Narón, no seu compromiso co medioambiente, está a camiñar dende fai anos cara a unha Mobilidade Sostible a través do emprego de medios de transporte alternativos ó vehículo, que permitan reducir a contaminación do aire e o consumo excesivo de enerxía. A pesar de que en Narón non existen os grandes problemas xerados polo tráfico urbano –coma acontece nas grandes cidades- o Concello pretende mellorar a calidade de vida dos veciños/as poñendo á súa disposición alternativas ó coche, coma por exemplo o uso da bicicleta.
De feito, téñense dado pasos coma a creación dun servizo de préstamo de bicicletas, ou o estacionamento para bicicletas particulares. Outro dos proxectos previstos é o acondicionamento de carriles bici en diferentes paseos e estradas de Narón. De aí que téñase solicitado (o pasado 12/2/2014) á xefa provincial da Dirección Xeral de Tráfico (DGT), Mª Victoria Gómez, a súa mediación ante o Ministerio de Fomento, para que autorice estas infraestructuras, algo que tense criticado recentemente dende as filas do Partido Popular de Narón.
“Deben ser as únicas persoas de Narón que non entenden o Plan de Mobilidade Sostible, que o equipo de Educación Vial leva anos implantando nos centros de ensino de Narón, e que estase intentando extender ó resto do municipio”, sinalou o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo. De feito, a labor do equipo de Educación Vial do Concello de Narón foi premiada fora de Galicia, co premio Ponle Freno 2010 otorgado pola Fundación Mapfre en colaboración con Antena 3, polo seu compromiso coa educación vial dos escolares do municipio.
Dentro deste Plan de Mobilidade Sostible figura a creación de carriles bici no arcén da F 11 (estrada de A Trincheira) para unir o paseo de A Gándara co paseo de Xuvia, “o que permitiría conectar a través da bicicleta ambos espazos peatonais e no futuro levar este carril bici ata o paseo de Caranza e incluso o Muelle de Ferrol” sinalou o edil de Seguridade Cidadá de Narón.
Posteriormente, proxectaríase a creación do carril bici no arcén da F 12(estrada que conecta o polígono de Río do Pozo), para fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte para os traballadores do parque empresarial. Como aconteceulle á maioría das cidades de España, Narón tivo un desenvolvemento urbanístico pensado na movilidade motorizada, e por iso téñense que buscar solucións particulares tendo en conta as infraestructuras das que se dispoñen. Por iso, neste caso habilitaríanse as beirarrúas do polígono para o seu uso compartido entre os ciclistas e os peóns.
“Estas son propostas técnicas e non políticas, aínda que contan co noso apoio” sinalou Guillermo Sánchez Fojo. “Polo tanto, o Partido Popular debería matizar as súas negativas contínuas a todo o que se propón dende o Concello e saber distinguir os proxectos técnicos dos políticos”, concluíu o Concelleiro de Seguridade Cidadá, do que depende o Equipo de Educación Vial de Narón.











