O Concello de Mos organiza Obradoiros para os cativos do municipio durante Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón oferta Obradoiros Infantís de Entroido dirixidos ós nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos empadroados ou escolarizados nos centros de Educación Infantil e Primaria do Concello de Mos.

As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou a través do correo electrónico: omix@concellomos.es. A folla de inscrición poderase recoller na OMIX, no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou ben descargándoa da web do Concello: www.mos.es .

O prazo de inscrición será dende mañá martes, 18 de febreiro, ata o día 27, para elo será imprescindible presentar unha copia da solicitude asinada. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. O venres 28 de marzo farase pública a lista de admitidos.

Os obradoiros celebraranse os días 3, 4 e 5 de marzo (luns, martes e mércores, respectivamente), no Multiusos do Concello de Mos, de 10.00 a 12.00 h da mañá.

Sobre esta actividade a súa concelleira responsable declaraba hoxe que “decidimos organizar uns obradoiros de Entroido para que, por un lado, as familias se beneficien dun recurso que facilita a conciliación da vida laboral e familiar; e por outro lado, que os/as máis pequenos/as do municipio, se somerxan durante os tres días que dura a festividade no mundo do Entroido, a súa orixe, a finalidade desta celebración, as diferenzas culturais, etc. nun ambiente de xogo, en compaña de menores da súa contorna”.

O Entroido é unha festividade que os/as nenos/as celebran con especial ilusión, e que aproveitan para xogar cos seus compañeiros/as. Dada a dispersión xeográfica deste Concello, non todos/as os/as cativos/as poden gozar destes días en compañía doutros menores (que non sexan os da súa aula ordinaria), polo que dende a concellería de Educación e Participación Cidadá mosense quixéronse ofrecer os recursos necesarios para aproveitar dita data e xuntar ós/ás máis pequenos/as a través dun traballo lúdico sobre a temática. O obxectivo primordial é que os máis pequenos aprendan divertíndose en compañía dos seus veciños e veciñas.

17 de febreiro de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.