O Concello de Mos celebra un seminario para xóvenes sobre orientación laboral
Os cambios no Sistema Educativo e mailas dúbidas de inserción laboral dos nosos xóvenes no mercado laboral, son unha fonte de gran preocupación tanto para eles como para as súas familias.
É por iso que a concellería de Educación do Concello de Mos, dirixida pola concelleira Kely Monzón, en colaboración coa orientadora laboral do CDL, levou a cabo durante a mañán de onte no I.E.S. de Mos a realización dun seminario-taller onde os alumnos foron informados das diferentes posibilidades das que dispoñen, así como a axuda na toma de decisións ante as posibilidades que se lle ofrecen na súa vida escolar e/ou laboral rematando coa resposta das dúbidas existentes por parte dos participantes.
“Moitos xóvenes atópanse con que teñen que decidir o seu futuro educativo e profesional sen saber cáles son as diferentes posibilidades dispoñibles, e tendo en conta que a partir dos dezaseis anos xa estamos en idade legal de traballar, é necesario que os rapaces coñezan os recursos e as habilidades necesarias para poder acceder ás ofertas de emprego ou formación que máis desexen” declarou a edil de Educación.
O obxectivo principal da actividade, que xa se levou a cabo en anos anteriores, é o de ensinar aos participantes as técnicas e ferramentas necesarias para potenciar as súas actitudes e capacidades, e que poidan ser empregadas polos participantes no momento en que decidan ser partícipes do mercado laboral e así coñecer cómo manexarse e introducirse nel.











